Presentación

Presentación

O Concello de Santiago de Compostela,aposta por colaborar estreitamente coas empresas e os axentes económicos e sociais para promover as condicións para a creación de emprego e contribuír a mellorar e dinamizar o mercado de traballo local, e coadxuvar a facilitar a colocación das persoas que se encontran á procura de emprego.

Neste obxectivo de achegar os oferentes de emprego e os demandantes, organiza a II Feira Internacional do Emprego de Santiago de Compostela, os días 19 e 20 de xullo de 2012.

En que consiste a 2ª FIE?

A 2ª FIE permitirá ás persoas demandantes de emprego da cidade entrar en contacto directo cun número importante de empresas, tanto españolas como estranxeiras (de todos os sectores económicos: tecnoloxía, turismo, industria, banca, seguros, comercio, servizos, sanidade,...) , que aproveitan a oportunidade que lles ofrece a Feira para seleccionar e dimensionar os seus cadros de persoal.

Obxectivos

A 2ª FIE ademais de achegar a oferta e a demanda, abrirá espazos para outros servizos ás persoas que buscan emprego: brindándolles ferramentas e solucións para desenvolveren novas habilidades e competencias demandadas polo mercado de traballo e facilitado información sobre as alternativas que abren os novos mercados de emprego.

  • Facilitar o encontro entre a oferta e a demanda de emprego.
  • Brindar ás persoas que buscan emprego a oportunidade de optaren a diferentes opcións de emprego.
  • Contribuír á reducción de custos no recrutamento e selección de persoal.
  • Facilitar ás persoas desempregadas o acceso á información sobre postos de traballo dispoñibles e servizos de capacitación.
  • Mellorar as condicións de participación das e dos buscadores de emprego e das empresas necesitadas de recursos humanos no mercado de traballo.
  • Pór en práctica un novo modelo de xestión, que propicie a descentralización progresiva dos servizos de intermediación laboral tomando en consideración a capacidade local.
  • Brindar Orientación e asesoramento para a colocación.
  • Formular e pór en práctica actividades que propicien a relación harmónica entre as e os traballadores e empregadores.
  • Transmitir información acerca dos perfís e competencias profesionais con máis demanda no mercado.
  • Informar sobre as axudas á contratación, especialmente daqueles colectivos con maiores dificultades de inserción.
  • Crear liñas de actuación conxuntas entre empresas e entidades comprometidas co fomento de emprego.
Logos de los colaboradores