Accesibilidade

A Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago pretende que a presentación de todos os contidos e funcionalidades principais da web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores empregados polos usuarios, codificándoos con estándares técnicos de uso libre e de balde, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, incita aos Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións Públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de Internet sexa accesible aos perfís de persoas antes citados, cos criterios de accesibilidade aos contidos xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

Política de accesibilidade

No desenvolvemento da páxina web da Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago tívose en conta a necesidade de crear unha contorna accesible, cos obxectivos de facilitar o acceso de todas as persoas, optimizar as dinámicas e ofrecer unha experiencia de usuario satisfactoria.

Para iso desenvolveuse a web con respecto ás seguintes pautas:

Uso dos estándares do W3C:
Gramática XHTML Strict e CSS 2.1
Pautas de Accesibilidade para o Contido Web (WCAG nivel AA)

Estándares

A web da Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago está desenvolvida con respeto a un nivel de accesibilidade AA.

Se atopou durante a navegación algún contido ou funcionalidade que non respete as pautas descritas, agradeceríamoslle que no lo fixese saber a través do correo.