Axencia Local de Colocación

Acto de apertura do Programa Integrado "Santiago Emprego VI"

Acto de apertura do Programa Integrado

Hoxe comezou o Programa Integrado de Emprego, "Santiago Emprego VI", destinado a mulleres e co obxectivo fundamental de mellorar o seu perfil profesional e acadar unha inserción laboral exitosa.

No día de hoxe tivo lugar acto de apertura coa asistencia da Concelleira de Emprego e Igualdade, Desenvolvimiento Económico e Turismo Marta Lois. Así mesmo, tivo lugar unha sesión de "Motivación para o emprego”, dirixida pola coaching laboral Reina D´hoore e unha breve intervención acerca da importancia das sinerxías e o traballo grupal na busca de emprego por parte do licenciado en Ciencias Físicas e MBA, Gustavo Marcos Cancelas.