FINALIZOU O FORO DA INNOVACIÓN NO EMPREGO 2016

FINALIZOU O FORO DA INNOVACIÓN NO EMPREGO 2016

Hoxe ás 14:00 h. a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, clausurou o Foro da Innovación no Emprego 2016, que é un evento organizado pola Axencia Local de Colocación (Servizo de Emprego do Concello de Santiago de Compostela). O Foro contou cun amplo abano de actividades formativas que se desenvolveron  presencialmente no Palacio de Congresos os días 15 e 16 de xuño, mais tamén nas semanas previas a través de formatos e-learning e webinar. En total impartíronse 42 actividades de formación que tiveron 1.884 inscricións.

Ademais, no marco do Foro, 83 empresas presentaron 148 ofertas de emprego. Nesas ofertas até o momento houbo 3.616 inscricións e enviáronse  ás empresas 981 currículos que se axustaban aos perfís requiridos. Non obstante, o traballo de intermediación laboral do persoal técnico da Axencia continúa desenvolvéndose, máxime tendo en conta que un bo número de ofertas de emprego seguen abertas na web  http://axencialocaldecolocacion.org/