Axencia Local de Colocación

Que é

Que é

A Axencia Local de Colocación é un servizo dependente da Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, que ten a misión de apoiar a dinamización do mercado de traballo local, a través da promoción de oportunidades e capacidades para a inserción de desempregados e a intermediación laboral.

A Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago esta Autorizada como axencia de colocación polo Servizo Público de Emprego Estatal baixo o nº 1200000008. E nela prestanse distintos servizos e programas de apoio ao emprego: colocación, orientación laboral, axuda a busca de emprego, recrutamento, selección e formación para o emprego.