Axencia Local de Colocación

Servizo de intermediación laboral

Servizo de intermediación laboral

Ten por finalidade aplicar políticas tendentes a diminuír o nivel do desemprego, con atención especial aos colectivos con máis dificultades para o acceso ao mercado de traballo, implantando un sistema eficaz de intermediación entre a oferta e a demanda dentro do que se articulan tres procedementos:

Captación de Ofertas

O procedemento de captación de ofertas ten un papel fundamental no proceso de intermediación laboral entre demandantes de emprego e as empresas da cidade. Na actualidade o Concello de Santiago ten inscritas a 1000 empresas interesadas en utilizar os servizos ofertados para xestionar os seus procesos de selección .

Igualmente, para a captación de ofertas, realízanse actividades de vaciado de fontes secundarias (portais de emprego, prensa, …), así como contacto teléfonico e visitas ás empresas.

Recrutamento/captación de candidaturas

O recrutamento supón a localización e atracción de posibles candidatos, o que implica que é necesario identificar posibles fontes de recrutamento, así como métodos concretos para atraer candidatos. Co obxectivo de incrementar a rapidez e a eficacia, incorpórase a posibilidade de realizar un Recrutamento en liña, sistema seguro que permite ás empresas recrutar persoal por medio de Internet para cubrir practicamente calquera tipo de ocupación, monitoreando de xeito rápido e sinxelo a información recibida de cada un dos candidatos en busca de emprego.

Selección de persoal

Asumirá parte ou a totalidade das actividades de recrutamento de candidatos, así como as posteriores accións de filtrado e preselección. Igualmente, facilitará o préstamo de instalacións e equipamentos municipais, ca posta a diposición de:

  • Aulas para a realización de procesos formativos
  • Despachos e salas para a realización de entrevistas e/ou dinámicas de selección.