Axencia Local de Colocación

Entrevistas dixitais

EVA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

Directora de Delegación en Adecco Industrial

2012-07-17 16:49:14

Los internautas preguntan a EVA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

José Luis 2012-07-18 11:28:40

Que posibilidades de atopar traballo ten agora mesmo alguén que non manexe en absoluto as redes sociais, como é o caso da miña nai, por exemplo?

Alguén que non manexe redes sociais non ten por que ter menos posibilidades á hora de encontrar traballo, existen outros factores que son máis determinantes como a experiencia acreditada no posto, o tipo de formación ou as competencias. Ademais podo engadir que, a día de hoxe, os responsables de RRHH seguen decantándose máis pola busca de candidatos a través de medios como portais de emprego, webs corporativas, contactos persoais, promocións internas, etc, e deixan o uso de redes sociais como complemento.

Elvira López 2012-07-18 11:29:28

Bo día. Levo varios meses parada a pesar da miña formación universitaria (son bióloga) e de ter coñecementos de inglés e francés. Debería seguir formándome mentres busco emprego?

A resposta é SÍ, as empresas e en concreto os responsables de RRHH buscan candidatos activos, se non estamos a traballar debemos seguir formándonos e sobre todo buscar en que podemos especializarnos para marcar a diferenza.