Axencia Local de Colocación

Entrevistas dixitais

ROCÍO VÁZQUEZ DE LAS HERAS

ROCÍO VÁZQUEZ DE LAS HERAS

Fundadora e GM en Luz Verde eventos y comunicación. Subdirectora del programa "El Diván Cultural" en Radio Universal.

2012-07-17 16:58:41

Los internautas preguntan a ROCÍO VÁZQUEZ DE LAS HERAS

Ana María 2012-07-18 11:30:15

Teño unha pequena empresa de artesanía tradicional en barro. Con que tipo de empresas debería contactar para optimizar o meu negocio? Graciñas!

Dependerá do que queiras conseguir, do tipo de maquinaria coa que contes e o tipo de produtos artesanais que fabriques. Aínda así, en xeral penso que:

  • Podes contactar con empresas adicadas ao deseño industrial. Este tipo de empresas deseñan obxectos do máis variado e en moitas ocasións contan cos expertos artesáns (oleiros, etc) para que se encarguen da fabricación das pezas.
  • Dependendo das pezas (non sei se son de decoración, xoiaría…) podes tamén tentar falar con produtoras audiovisuais. En Galicia hai moitas e tanto nos programas e series de TV como en cine, sempre precisan atrezzo/vestiario. Desta maneira consegues que o teu produto sexa visible e ter publicidade a un custo moi reducido.
  • Nestes tempos, están moi de moda os produtos feitos por un mesmo. A xente apúntase cada vez con máis asiduidade a cursos de costura, cociña, calceta, etc… Poderías facer obradoiros cos teus clientes finais. Desta forma o que consegues son varias cousas: que a xente coñeza o valor do traballo artesán que realizas, que coñezan os teus produtos, os ingresos que obtés polo obradoiro e a publicidade online que che darán os asistentes (seguramente saquen fotos do que están a facer e onde para colgalo nos seus perfís de redes sociais)
  • Por suposto atacaría a venda por Internet a través de páxinas coma www.etsy.com, que xeran unha visibilidade internacional a un custo mínimo.