Axencia Local de Colocación

PROGRAMA DO FOROIE

XORNADAS "A ECONOMÍA CIRCULAR UNHA OPORTUNIDADE PARA SANTIAGO"

Santiago de Compostela, 11 y 12 de maio de 2017

CONTEXTUALIZACIÓN

No seu informe de 2013, a Organización Internacional do Traballo (OIT) lembrou o interese de levar a cabo conxuntamente as políticas de emprego e o desenvolvemento sustentable. Lonxe da idea preconcibida de que o desenvolvemento sustentable sería un lastre para o crecemento económico e o emprego, o informe chama a atención sobre as moitas sinerxias entre o emprego e a economía verde. Os custos económicos da contaminación, o esgotamento dos recursos, a intensificación dos desastres naturais, o quecemento global ou a erosión da biodiversidade tradúcense directa ou indirectamente na perda de empregos. Pola contra, os investimentos na economía verde permiten aforros significativos mediante a redución dos impactos ambientais (produtividade agrícola e de resiliencia do medio ambiente, etc.).

O desenvolvemento industrial estivo dominado por un modelo de produción e consumo lineal, segundo o cal os bens son producidos a partir das materias primas, vendidos, utilizados e finalmente refugados como residuos logo dunha vida útil limitada de antemán polos propios fabricantes.

A escaseza de materias primas e a dependencia de fontes de aprovisionamento externas cuestionan cada vez máis a capacidade de recuperación da nosa economía. Así, a incapacidade de producir novo emprego está estreitamente vinculada aos límites do modelo de produción lineal (o aumento da produtividade do traballo e dos prezos dos recursos custa cada ano miles de postos de traballo). Isto sitúanos na necesidade de buscar un novo modelo económico, que permita explorar novas formas de reutilizar os produtos ou os seus compoñentes e restaurar mellor os seus valiosos materiais, así como a enerxía e a man de obra.

Unha economía circular é un sistema industrial restaurador ou regenerativo por intención e por deseño. Substitúe o concepto de “caducidade” polo de “restauración”, desprázase cara ao uso de enerxías renovables, eliminando o uso de químicos tóxicos, que prexudican a reutilización, e o retorno á biosfera, e busca no seu lugar, a eliminación de residuos mediante un deseño optimizado de materiais, produtos e sistemas e, dentro destes, os modelos de negocios baseados no deseño ecolóxico, a reutilización, a economía da funcionalidade ou o consumo colaborativo, pode ser vectores importantes para a creación de postos de traballo nos próximos anos.

A economía circular, máis aló dos seus beneficios ambientais, pode ser un remedio social, á crise do emprego que enfrontan os países europeos. Moitos estudos internacionais, mostran que a economía circular pode activar as pancas que promovan un desenvolvemento positivo do mercado laboral. Os sectores da economía en dificultades deben renovarse ou sustituírse por actividades menos intensivas e menos contaminantes, que permitan optimizar o uso dos recursos e a creación de emprego local, en sectores identificados como emerxentes, como son: a I+D+i; as novas tecnoloxías da información e a comunicación; novo turismo; servizos culturais e de lecer; as enerxías renovables; a agricultura e a gandería tradicional e ecolóxica; a industria agroalimentaria; actividades ambientais; actividades da construción especializadas e a atención social, ademais do comercio exterior e das actividades sanitarias.

OBXECTIVOS

  1. Achegar unha visión xeral da economía circular e da estratexia Europea para a transición á economía circular (Paquete Europeo de EC).
  2. Abordar o papel que deben desempeñar os diferentes axentes implicados para facilitar a transición cara a Economía Circular (eliminación de barreiras regulatorias, fortalecemento da formación, modelos de negocio circulares,…).
  3. Valorar o papel das entidades locais para fomentar e promover o cambio ecolóxico, económico e social capaz de xerar emprego na economía circular.
  4. Abrir o diálogo e o intercambio de experiencias entre os actores implicados na implementación de actuacións para a transición cara a Economia Circular e o Emprego
PROGRAMA

XOVES 11 DE MAIO, 2017

10.00 a 10.30 APERTURA DAS XORNADAS

Marta Lois González, Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela. 

Lidia Senra Rodríguez, Eurodiputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa. Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica.

Martiño Noriega Sánchez, Alcalde de Santiago de Compostela. 

10:30 a 11:30 "CRISE ECOSOCIAL E ALTERNATIVAS QUE OFRECE A ECONOMÍA CIRCULAR DESDE UNHA PERSPECTIVA DECRECENTISTA". Fundación FUHEM. Luis González Reyes, Coordinación entre as áreas ecosocial e educativa. 

11:45 a 12:45 "RETOS E ALTERNATIVAS DA ECONOMÍA CIRCULAR DESDE O ÁMBITO LOCAL". Xoán Doldán, Profesor do Máster DEIN, Dpto. de Economía Aplicada da USC. 

12.45 a 13.30 MESA "EMPREGOS EMERXENTES NA E.C. - SECTOR SERVIZOS E TIC"

  • Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética, ENERGYLAB
  • Centro de Emprendemento Creativo. Cidade da Cultura. Berta Alvarez Buylla Falces. 
  • Asociación de Empresas Galegas de Software Libre. Luis Alberto Fernández Marqués. 
  • BenCuriosa. Marcos Lorenzo Gallego, consultor e coordinador de proxectos. 

16.30 a 17.30 MESA "EMPREGOS EMERXENTES NA E.C. - SECTOR TRATAMENTO DE RESIDUOS

  • Explotación Agraria. Pura Seoane, labrega en Ecolóxico. 
  • Produción de micro vexetais e productos galegos. Finca de los Cuervos. 
  • Moda ecolóxica e sostible. Tania Aira, cofundadora de Alazia Couture.
  • Mobiliario ecolóxico. Francisco Davila, xerente de Mobalco

17:30 a 18:30 MESA "EMPREGOS EMERXENTES NA E.C. - PRODUCCIÓN ECOLÓXICA"

VENRES 12 DE MAIO, 2017

10.30 a 11.30 "A ECONOMÍA CIRCULAR E O CUSTO DO CICLO DE VIDA: CLAVES PARA OPTIMIZAR OS CUSTOS AMBIENTAIS". Gumersindo Feijoo, Catedrático de Enxeñería Química. Grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC. 

11.30 a 13.00 MESA "EMPREGOS EMERXENTES NA E.C. - SECTOR HOSTALERÍA"

  • Airas Catering. Francisco Javier Freire Chico, administrador
  • AGUAKMCERO. Siro González. Xerente Restaurante SIRO
  • Café las Candelas. Araceli Portela Fernández. Responsable de Formación. 

13:00 CLAUSURA