Axencia Local de Colocación

Formación

18/09/2017 - 22/09/2017

O EMPRENDEMENTO E AS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL (2 plazas vacantes)

Datas: do 18 ao 22 de setembro

Horario: de 15:00 a 20:00 h.

Lugar: Edificio Cersia (Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, barrio de San Lázaro, Santiago de Compostela)

Imparte: AEIGA (Asociación de Empresas de Inserción de Galicia). Curso gratuíto.

Programa:

Parte 1

I.ORGANIZACIÓN EMPRESARIAL

-A idea de empresa, o emprendemento, o plan de empresa

-Formas xurídicas de empresa e trámites.

-Aspectos básicos da fiscalidade na empresa.

-Documentación básica na empresa.

-Estrutura organizativa e xestión de RRHH.

II.MARKETING E COMERCIALIZACIÓN

-Mercado: clientes, competencia e provedores.

-Ferramentas básicas da mercadotecnia.

-Habilidades para o trato ao cliente.

III.ANÁLISE ECONÓMICO-FINANCEIRO

-Financiamento (tipos).

-Plan económico e viabilidade económico financeira .

-Subvencións e axudas (características, trámites e tipos).

Parte II

Bloque I A EMPRESA DE INSERCION LABORAL

-Concepto de empresa de inserción laboral.

-Entidades promotoras de empresas de inserción laboral..

-Procedemento de constitución e cualificación.

-Oportunidades de negocio no ámbito das empresas de inserción laboral.

-Elaboración do proxecto de empresa de inserción.

-Principais atrancos para a posta en marcha dunha empresa de inserción laboral.

Bloque II O TRABALLADOR EN INSERCIÓN

-Características da persoa traballadora susceptible de ser contratada en inserción.

-Factores de exclusión social.

-Características da contratación. O contrato en inserción.

-Itinerarios e convenios de inserción.

Bloque III PROMOCION DAS EMPRESAS DE INSERCION

Inscríbete a este curso ( Quedan 2 plazas vacantes para el curso)

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os seus datos persoais se incorporarán ao ficheiro AXENCIA LOCAL DE COLOCACION, creado baixo responsabilidade do DEPARTAMENTO DE EMPREGO DA CONCELLARIA DE FAMILIA, BENESTAR SOCIAL, MUJER E EMPREGO DO CONCELLO DE SANTIAGO, o cal se encontra debidamente inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos coa finalidade de xestionar os datos achegados polas persoas solicitantes de emprego para a intermediación laboral entre estes e as empresas, colaborar na inserción e orientación laboral das persoas que o demanden. Indicámoslle que os seus datos poden ser comunicados ao Servizo Galego de Colocación, empresas coas que se asinan convenios de colaboración, ademais das cesións previstas na lei. Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición ante a Axencia Local de Colocación, na dirección seguinte: R/ Alcalde Raimundo López Pol, s/n, 15703, Santiago de Compostela