Axencia Local de Colocación

Subscrición

A páxina web da Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago ofrece aos seus usuarios un sistema de recepción de información por correo electrónico con todas as novidades sobre o mercado laboral no ámbito de Compostela.

Para recibir o boletín informativo, só tes que subscribirte no formulario que hai a continuación poñendo o teu nome, o teu correo electrónico, e o formato no que queres recibir a información.

O sistema permitirache darte de baixa en calquera momento se así o desexas a través dunha opción no propio boletín.