Axencia Local de Colocación

Ofertas de emprego

Técnico/a de laboratorio Cerrada

14/12/2017 (actualizado a fecha 16/01/2018)

Nº de postos: 1

Localidade: A Pobra do Caramiñal

Contrato: Bolsa FEUGA ou FUAC

Tarefas a desenvolver: 

Control de materias primas, control de calidade do proceso de produción e produto terminado, controis e análises de laboratorio de augas e de superficies de traballo, control estatístico e de temperaturas, recepción de material, xestión de documentación de análises.

Requisitos:

Formación Grao Superior de Laboratorio ou relacionada coa alimentación (Tecnoloxía de Alimentos, Bioloxía, Química ou afins).

Valorarase experiencia previa no laboratorio, coñecementos de técnicas de control de laboratorio (APPCC), seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais, hixiene e boas prácticas de alimentación.

Coñecementos paquete office: Word e Excel.

Residir na zona do Barbanza

Requisitos bolsa FEUGA: 

Estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado participar nas bolsas FEUGA

Titulación obtida nos últimos tres anos, no caso de presentar proxecto de fin de carreira é suficiente ter aprobadas tódalas materias da mesma

Non haber desenvolvido traballo profesional remunerado relacionado coa titulación baixo ningunha modalidade contractual

Requisitos bolsa FUAC (Fundación Universidade da Coruña):

Nado/a en Galicia ou fillo/a de emigrantes galegos, residente en Galicia e títulación obtida aquí,  non ter traballado por conta allea ou propia realizando tarefas relacionadas coa titulación universitaria ou de formación profesional baixo ningunha modalidade contractual, ter completado e validado o seu rexistro en EMPLEA.

No caso de estudantes/as universitarios/as: 50% dos créditos superados, matriculados/as no curso actual

No caso de titulados/as ou egresados/as universitarios/as e titulados/as de formación profesional grao medio e superior: titulación obtida nos últimos tres anos.