Axencia Local de Colocación

Ofertas de emprego

Xefe/a de sector multinacional Activa

12/02/2018 (actualizado a fecha 12/02/2018)

Nº de postos: 1

Localidade: Santiago de Compostela

Tarefas a desenvolver:

 - Reportar ao director/a do centro, formar parte do comité de dirección, cumprir os obxectivos económicos xestionando comercialmente o teu sector e asegurando a excelencia na atención dos clientes profesionais da empresa, e no liderazgo do teu equipo de colaboradores/as

 - Seleccionar, desenvolver, motivar e liderar ás persoas do teu equipo, segundo os valores da empresa

 - Evaluar o desempeño e facilitar o desenvolvemento de cada colaborador/a

 - Garantir as condicións de seguridade e saúde do teu equipo, sendo exemplar na aplicación da normativa legal

 - Adaptar, planificar e realizar as accións comerciais de acordo coa política comercial da empresa e do almacén, aplicando e adaptando as lóxicas de implantación das familias do sector

 - Animar a venda, acollida e atención do cliente por parte do equipo, e o seguimento da competencia

 - Realizar o aprovisionamento do teu sector e garantir unha rotación adecuada do stock

 - Facer o seguimento económico do teu sector actuando en consecuencia

 - Realizar aportacións de valor nas reunións do comité de dirección do almacén

Requisitos: 

 - Profesionais con amplia experiencia na xestión e desenvolvemento de equipos de 5 ou máis colaboradores/as, na fixación de obxectivos e deseño e posta en marcha dun plan comercial, na xestión económica e do aprovisionamento do stock

 - Valorarase titulación universitaria, experiencia na gran distribución ou retail, movilidade xeográfica nacional

 * A empresa ofrece a incorporación nun grupo de distribución líder, plans persoalizados de formación

Debes estar rexistrado e logueado para poder enviar o teu currículo.