Accións

Estudo prospectivo sobre sectores económicos emerxentes e novos nichos de emprego para a promoción do emprendemento

Descrición da actuación: Analizar o mercado laboral para obter un mapa prospectivo que permita determinar aqueles sectores económicos en mellor posición para contribuír ao crecemento económico e á xeración de emprego, así como establecer un banco de ideas innovadoras sobre oportunidades de negocio para fomentar a actividade emprendedora. 

Entidades participantes na execución: Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego. 

Servizo para a mellora das cualificacións e a empleabilidade no sector turístico e hostaleiro

Descrición da actuación: Desenvolvemento dun servizo de formación, orientación e intermediación laboral que atenda as demandas e necesidades das empresas do sector turístico e hostaleiro da cidade, fomentando a excelencia na prestación de servizos e capacitando ás persoas demandantes de emprego co obxecto de facilitar a súa inserción no eido laboral. 

Entidades participantes en la ejecución: Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca, e Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego. 

Programa de reciclaxe profesional para a inserción profesional

Descrición da actuación: Facilitar a reciclaxe profesional e a inserción laboral de persoas desempregadas procedentes de sectores especialmente afectados pola crise, maiores de 45 anos ou en paro de longa duración, mediante un programa de apoio no que se desenvolva un itinerario personalizado que inclúa asesoramento, orientación, formación e intermediación laboral.  

Entidades participantes na execución: Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.  

Estudo sobre estratexias de posicionamento en internet para a búsqueda de emprego

Descrición da actuación: Elaborar e difundir un estudo sobre os usos e as utilidades de internet na busca de emprego dos titulados universitarios, identificando as estratexias máis axeitadas para un posicionamento eficaz na rede co obxectivo de facilitar a inserción no mercado laboral. 

Entidades participantes na execución: Universidade de Santiago de Compostela 

Servizo de apoio a proxectos innovadore en novos sectores estratéxicos e de fomento do autoemprego

Descrición da actuación: Servizo de información e orientación sobre oportunidades de autoemprego na cidade, en particular atendendo á posibilidade de desenvolver novas actividades económicas que: aporten elementos innovadores, revaloricen a cidade, desestacionalicen o turismo, aposten por un modelo sostíbel, incorporen as novas tecnoloxías ou supoñan a inserción profesional de persoas pertencentes a colectivos tradicionalmente excluídos. A información que se ofreza e o sentido das accións a desenvolver estarán directamente ligados aos resultados do estudo prospectivo sobre sectores emerxentes e oportunidades de negocio. En todo caso, levarase a cabo un asesoramento personalizado para a realización do plan de empresa e a posta en marcha do proxecto, manténdose o apoio nas primeiras fases desde o nacemento da empresa. Asimesmo establecerase un asesoramento específico para a creación de empresas de economía social e desenvolveranse seminarios para a promoción do emprendemento co obxecto de fomentar a inserción laboral a través do autoemprego. 

Entidades participantes na execución:Cámara de Comercio de Santiago de Compostela; Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago e Comarca; e Concellaría de Benestar Social, Familia, Muller e Emprego. 

Servizo de apoio ao recoñecemento da experiencia profesional e ás empresas de inserción laboral como vías de incorporación ao mercado de traballo

Descrición da actuación:Servizo de información e asesoramento sobre os procesos para a acreditación da experiencia profesional. Seminarios e cursos formativos que permitan a preparación para as probas nas diferentes competencias chave e así poder acceder aos novos certificados de profesionalidade. Servizo de apoio, asesoramento legal e axuda na busca de emprego para persoas inmigrantes. Servizo de fomento, asesoramento e promoción das empresas de inserción laboral. Seminarios e xornadas informativas sobre a igualdade de xénero no acceso ao mercado laboral.  

Entidades participantes na execución:Asociación Plataforma polo Emprego; e Concellaría de Benestar Social, Familia, Muller e Emprego.  

Rede de Emprego Local (R.E.L.) Rede para o desenvolvemento dunha cultura cooperativa e participativa na definición e execución das políticas de emprego a nivel local

Descrición da actuación:Establecer as canles que faciliten os fluxos de comunicación e os métodos de coordinación que permitan unha cooperación eficiente e eficaz entre as entidades participantes no Pacto Local polo Emprego. Elaboración dunha de carta de servizos e difusión da mesma á cidadanía. Desenvolvemento de iniciativas conxuntas de todas as entidades do Pacto, abertas á participación das empresas e outras organizacións vencelladas ao emprego da cidade, que fomenten o desenvolvemento económico sostíbel, xeneren emprego, melloren as cualificacións profesionais e permitan visibilizar esa cultura cooperativa (Feria de Emprego, desenvolvemento e apoio a novos sectores de actividade económica, prácticas formativas en entornos simulados, etc.)  

Entidades participantes na execución:Cámara de Comercio de Santiago de Compostela; Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre; Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago e Comarca; Universidade de Santiago de Compostela; Comisións Obreiras; Unión Xeral de Traballadores; Asociación Plataforma polo Emprego; e Concellaría de Benestar Social, Familia, Muller e Emprego. 

Estudo prospectivo sobre necesidades formativas e perfis profesionais máis demandados

Descrición da actuación: Realizar un estudo prospectivo sobre as demandas de formación e os perfís máis requeridos no mercado laboral da cidade, prestando atención as potenciais necesidades futuras. A extracción de datos, de tipo cualitativo e cuantitativo, realizarase mediante un sistema de enquisas e entrevistas con xerentes e responsables de recursos humanos de empresas de Santiago de Compostela. Este estudo permitirá que as entidades que realizan labores formativas e de orientación laboral aporten unha información actualizada e axustada á realidade laboral aos seus usuarios/as, así como facilitar unha actuación coordinada no deseño e a implementación de cursos de formación que evite duplicidades. 

Entidades participantes na execución:Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre; e Concellaría de Benestar Social, Familia, Muller e Emprego. 

Logos de los colaboradores