Formación

Curso de cociña tradicional galega

Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG)

Data Inicio 01 de Julio de 2022

CONTIDO:

Este curso vai dirixido tanto a persoas sen experiencia previa en cociña como a aquelas que xa dispoñan de certa bagaxe, perfeccionando tanto os seus coñecementos como a posta en práctica dos mesmos.
Establécese un método de traballo grupal para as elaboracións, favorecendo unha dinámica de xestión de tarefas que se asemella á levada a cabo polos profesionais de cociña dun restaurante.
A finalidade é buscar a esencia da cociña galega, tratando de recuperar as elaboracións e sabores que se transmitiron entre xeracións. Intentaremos volver a esas bases, que se conseguen con tempo e paciencia, para elaborar todo tipo de pratos dun sabor moi característico.
Traballaremos receitas en formato tapa dunha variedade case infinita pensadas para o cliente potencial maioritario da nosa zona, Santiago de Compostela, co obxectivo de que este curso lle sexa útil ao alumno para optar nun futuro a un posto de traballo no sector hostaleiro.

OBXECTIVOS:
 Sentar as bases da cociña tradicional galega
 Adquirir coñecementos teóricos e prácticos que permitan múltiples elaboracións

CONTIDOS:
 Manipulación de utensilios
 Introdución aos fondos e caldos
 Tapas
 Estofados e coccións lentas 
 Pan galego e empanadas
 Doces galegos
 Arroces e pastas
 Peixes e mariscos

METODOLOXÍA:
Formación presencial, dinámicas de traballo grupal

TITOR:
André Arzúa

Consultar toda a información e o detalle dos horarios aquí:

https://axencialocaldecolocacion.org/uploads/curso_de_coci%C3%B1a_tradicional.pdf