Formación

MARKETING DE SEGMENTACIÓN: ESTRATEXIAS CLAVES PARA CHEGAR EFICAZMENTE AOS CLIENTES

EN LIÑA

Data Inicio 12 de Diciembre de 2022

REQUISITOS:

.


CONTIDO:

Data: do 12 ao 15 de decembro (30 h).

Horario: De luns a mércores de 16.30 a 20.30 h e xoves de 16:30 a 19:30 h.

Modalidade en liña.

Entregarase certificado acreditativo das competencias alcanzadas a tódolos participantes que asistan ao 80% da actividade formativa.

 

1.- DESTINATARIOS:
Persoas en búsqueda de emprego, emprendedores, empresarios e interesados en áreas coma as RRSS, a publicidade ou o marketing.
2.- OBXECTIVOS:
Este curso está orientado a persoas que se incorporan ao mercado laboral, emprendedores ou profesionais do entorno empresarial que buscan mellorar a eficacia das súas acción comerciais e incrementar as ventas. Unha formación eminentemente práctica na que descubrirán o público que máis lle pode interesar á hora de comercializar os seus productos / servizos e as claves para chegar a el con éxito.
3.- PROGRAMA:
Bloque 1. O Negocio
o Como pasar de Ideas de negocio a Oportunidades de Negocio
o A importancia de crear marca para ser un negocio rentable
o Como adaptar o meu negocio ao cliente dixital
o Como atopar aos meus compradores dixitais
o Como atopar aos meus compradores
o Crear oportunidades de venda para cada segmento de cliente
O curso contará con exercicios prácticos, exemplos reais e actuáis e posta en común polos participantes e profesor.
Bloque 2. Dixitalización do Negocio
o Concepto de segmentación
o A importancia de segmentar
o Definición do cliente ideal
o A importancia de segmentar nunha estratexia en RRSS (Facebook e Instagram)
o Tipos de audiencias. Tráfico frío, tépedo e quente.
o Tipos de segmentación: xeográfica, demográfica, económicos, intereses, etc.
o Segmentación aplicada ao copywritting: fórmulas AIDA, ROT E PAS
o Ventaxas dunha correcta segmentación
* Sobre o custe por LEAD
* Sobre a facturación
* Sobre o ticket medio
* Sobre a autoridade
o Principais métricas que debes de coñecer
o Casos prácticos

Relator: Juan Luis Magariños Lapido. Director e Fundador de Optimiza tu Negocio.
Ampla experiencia en asesoramento e formación integral a nivel nacional e internacional para pemes, autónomos e emprendedores en áreas de negocio como a productividade, organización de procesos e personas e dixitalización en empresas de diferentes sectores e estruturas.
Enxeñeiro Técnico Industrial, Posgrao en dirección e xestión de RRHH e Máster en Coaching Internacional.