Curso Básico para Novos Emprendedores

DATA DE PUBLICACIÓN 14 de Noviembre de 2010

Destinatarios/as: Persoas que teñan unha idea empresarial e estean valorando desenvolver un proxecto de autoemprego.

Nº de prazas: 30

Datas e horarios: Días 19,20 e 21 de outubro. De 9 a 14 h.

Lugar: Edificio municipal Cersia. Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, San Lázaro (Santiago de Compostela).

Imparte: Asociación Plataforma polo Emprego

Obxectivos: Proporcionar ás persoas participantes unha información básica na área do emprendemento, necesaria para valorar a posibilidade de autoempregarse e avanzar na posta en marcha de iniciativas empresariais.

Programa:

1.A persoa emprendedora e a empresa.

2.Novos xacementos de emprego.

3.A idea de empresa.

4.O Plan de Empresa.

5.A forma xurídica na empresa.

6.Tramites de alta da empresa.

7.Fiscalidade.

8.Formas de pago admisibles na empresa.

9.Algunhas cuestións laborais.

10.Marketing e comercialización.

11.Instrumentos e fórmulas de financiamento.

12.Axudas e subvencións.