QUE É A AXENCIA LOCAL DE COLOCACIÓN

A Axencia Local de Colocación é un servizo dependente da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude do Concello de Santiago de Compostela, que ten a misión de apoiar a dinamización do mercado de traballo local, a través da promoción de oportunidades e capacidades para a inserción de desempregados e a intermediación laboral.

A Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago esta Autorizada como axencia de colocación polo Servizo Público de Emprego Estatal baixo o nº 1200000008. E nela prestanse distintos servizos e programas de apoio ao emprego: colocación, orientación laboral, axuda a busca de emprego, recrutamento, selección e formación para o emprego.

OBXECTIVOS

  • Orientar e asesorar ás persoas desempregadas para acadar a mellora da súa empregabilidade.
  • Realizar intermediación laboral, facilitando ás empresas a contratación de traballadores cualificados para a cobertura das súas necesidades.
  • Contactar coas empresas para difundir información sobre as iniciativas da ALC destinadas a facilitar a inserción laboral.
  • Realizar prospeccións periódicas do mercado de traballo, detectando as necesidades de persoal e formación existentes, así como os novos nichos de emprego.

CALIDADE

A ALC conta cunha Carta de Servizos, acreditada pola Certificadora de calidade EQA, de conformidade cos requisitos establecidos na Norma UNE93200, na súa edición de abril de 2008 (AENOR), o que lle permite:

  • Asegurar que serán atendidas todas as ofertas de emprego que se reciban, poñendo a disposición das empresas toda a información precisa sobre unha base de datos de máis de 4000 demandantes de emprego, en función do perfil esixido para o posto de traballo.
  • Asegurar ás persoas demandantes a permanencia nunha base de datos activa e dinámica que posibilitara novas oportunidades de emprego e orientación