ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE SANTIAGO 2023/2024

Diríxese a 100 mulleres demandantes de emprego

DATA DE PUBLICACIÓN 05 de Diciembre de 2023

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Santiago de Compostela 2023/2024, con financiación da Xunta de Galicia e do Servizo Público de Emprego Estatal, ten como obxectivo a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das participantes.

Este programa, que se dirixe a 100 mulleres inscritas como demandantes de emprego, inclúe as seguintes accións: información, orientación e asesoramento; formación; prácticas profesionais non laborais; intermediación laboral; outras accións (técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego; fomento da capacidade emprendedora; obradoiros sobre mobilidade laboral; visitas a empresas de Santiago e comarca; relatorios e charlas con profesionais e responsables de empresas; mentorías con profesionais).

As participantes no programa terán dereito a percibir unha bolsa de 10 euros por día de asistencia ás accións do programa. Tamén existirán medidas de conciliación (bolsas para comedor, actividades extraescolares, etc).

O itinerario formativo de cada participantes acordarase de xeito consensuado co persoal técnico do programa. A oferta formativa inicial é a seguinte, aínda que podería variar atendendo aos perfís e ás demandas das persoas finalmente participantes no programa:

Formación do catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal (agrupada por áreas profesionais):

Comercio

• Atención ao cliente (30 h)

• Operativa de caixa – terminal punto de venda (90 h)

• Xestión e animación do lineal do punto de venda (20 h)

 

Xardinaría

• Operacións xerais de xardinaría (50 h)

• Técnicas de poda (30 h)

Soldadura

• Soldadura TIG (60 h)

Formación transversal

• Habilidades e ferramentas para a mellora profesional (30 h)

• Habilidades sociais: comunicación, intelixencia emocional e traballo en equipo (30 h)

• Emprendemento (30 h)

Formación non incluída no catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal:

• Inglés B1 (60 h)

• Inglés B2 (60 h)

• Ofimática nivel básico (40 h)

• Ofimática nivel intermedio (60 h)

• Manipulación de alimentos (10 h)

• Dependente/a de produtos frescos (50 h)

• Igualdade e empoderamento feminino no ámbito laboral (15 h)

• Comunicación e marketing dixital (25 h)

• Lingua galega (50 h)

• Lingua castelá (50 h)

Este programa ten un obxectivo de inserción laboral do 45% das participantes.

Se estás interesada podes contactar connosco no 981 543 060 ou enviarnos un correo para que te chamemos a axencialocaldecolocacion@santiagodecompostela.gal