Centro Comercial As Cancelas

Bolsa de traballo para o Centro Comercial as Cancelas

Estamos a punto de pechar un convenio de colaboración en materia de emprego coa Promotora do Centro Comercial as Cancelas, a través do cal poñeremos en contacto as empresas que se situarán no centro con persoas que cumpran cos perfís solicitados.

Na Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago recibiremos a túa candidatura e en función dos postos e requisitos de acceso falicitaremosllos ás empresas solicitantes.

Pronto publicaremos ofertas de traballo concretas do Centro Comercial, pero ata entón, abrimos bolsa de emprego (a túa demanda pasará a formar parte da nosa base de datos para que, no momento de recibir unha oferta de emprego, poidamos facer as consultas necesarias para a preselección de candidatos, en resposta ás solicitudes recibidas das empresas).

Si estás interesado ou interesada,  realiza o teu rexistro no noso sistema e inscríbete nas bolsas de emprego para o Centro Comercial as Cancelas, enviando o teu currículo adxunto.