O programa “Minerva” é un proxecto de formación para o emprego promovido polo Concello de Santiago de Compostela e cofinanciado polo Programa de Emprego, Educación, Formación e Economía Social, do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) do período de programación 2021-2027.
En que consiste?
O obxectivo xeral do proxecto é mellorar a situación de empregabilidade das persoas en situación de desemprego, tanto daquelas máis afastadas do mercado laboral como daquelas demandantes de emprego de longa duración ou maiores de 45 anos, co obxectivo último de favorecer a súa inserción laboral e mellorar as súas condicións de vida.
No marco deste proxecto desenvolveranse 60 itinerarios que incluirán formación específica, transversal e complementaria, así como prácticas profesionais non laborais, xunto con titorías e orientación laboral. En cada itinerario poderán atenderse 16 persoas, de modo que serán 960 o total de participantes.
40 dos itinerarios están centrados no sector dixital/TIC e nos outros 20 hai especialidades de diversos sectores (comercio, hostalaría, construción, xardinaría, servizos sociais).
Ademais, o proxecto Minerva terá 3 xornadas de activación e información en materia de emprego e 3 accións complementarias específicas relacionadas coa intermediación laboral e coa promoción da igualdade entre mulleres e homes no ámbito do emprego.
Quen pode participar?
Todos os itinerarios estarán dirixidos preferentemente a colectivos vulnerables ou afastados do mercado laboral, polo que como mínimo 81,25% das persoas participantes que inicie cada itinerario (13 de 16) será dalgún dos seguintes colectivos:
- Persoas desempregadas de longa duración.
- Persoas maiores de 45 anos, particularmente mulleres.
- Persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %.
- Nacionais de terceiros países.
- Participantes de orixe estranxeira.
- Participantes pertencentes a minorías.
- Outras persoas en situación socioeconómica de vulnerabilidade, incluídas aquelas que se encontren en situación ou risco de pobreza, exclusión social ou discriminación nas súas múltiples facetas.
Por outra parte, todas as persoas participantes terán que estar inscritas como demandantes de emprego (non ocupadas). Ademais como mínimo o 81,25% das prazas de cada itinerario (13 de 16) serán para mulleres e tamén como mínimo o 81,25% terán que ser para persoas paradas de longa duración.
Que itinerarios se van impartir?
- INTELIXENCIA ARTIFICIAL APLICADA Á EMPRESA
- DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS MÓBILES CON ANDROID
- APRENDIZAXE AUTOMÁTICA E INTELIXENCIA ARTIFICIAL
- REALIDADE AUMENTADA, VIRTUAL E MIXTA EN CONTORNAS 4.0
- APRENDIZAXE AUTOMÁTICA APLICADA USANDO PYTHON
- DESENVOLVEMENTO WEB PARA COMERCIO ELECTRÓNICO
- XESTOR DE REDES
- APLICACIÓNS DE ORACLE PARA DATAMINING E BIG DATA
- XESTOR DE PROXECTOS (MS PROJECT)
- INTRODUCIÓN AO BIG DATA E BUSINESS INTELLIGENCE
- PROGRAMACIÓN EN JAVA
- CREACIÓN, PROGRAMACIÓN E DESEÑO DE PÁXINAS WEB CON HTML5 E CSS3 (haberá 2 edicións)
- DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS BASEADAS EN DEEP LEARNING USANDO TENSORFLOW/KERAS
- DESEÑO WEB CON DREAMWEAVER E FLASH
- WORDPRESS NO SECTOR DE PUBLICIDADE
- TECNOLOXÍAS GRÁFICAS PARA A XERACIÓN DE VIDEOXOGOS
- MODELADO 3D E INFOGRAFÍA CON BLENDER
- CIENCIA DE DATOS NUNHA CONTORNA 4.0
- PROGRAMACIÓN PARA VIDEOXOGOS EN UNITY
- DESENVOLVEMENTO DE VIDEOXOGOS E REALIDADE VIRTUAL CON UNITY 3D
- REALIDADE AUMENTADA (AR), REALIDADE VIRTUAL (VR) E REALIDADE HÍBRIDA (MR) EN CONTORNAS 4.0.
- PROGRAMACIÓN REALIDADE VIRTUAL E REALIDADE AUMENTADA APLICABLES EN CONTORNAS 5G
- DESENVOLVEMENTO DE SOFTWARE ESPECIALIZADO EN SERVIZOS DE USUARIO E CLIENTE
- PHOTOSHOP E PRODUCIÓN DIXITAL CS6
- DESEÑO GRÁFICO VECTORIAL CON ADOBE ILLUSTRATOR (AVANZADO)
- FERRAMENTAS DE VÍDEO E ANIMACIÓN CON PHOTOSHOP E AFTER EFFECTS
- RETOQUE FOTOGRÁFICO
- EDICIÓN DE VÍDEO CON AFTER EFFECTS (BÁSICO)
- EDICIÓN DE VÍDEO CON AFTER EFFECTS (MEDIO)
- EDICION DE VÍDEOS CON AFTER EFFECTS (AVANZADO)
- PROXECTOS DE MOTION GRAPHICS CON AFTER EFFECTS: NIVEL BÁSICO
- ANIMACIÓN DE MOTION GRAPHICS CON AFTER EFFECTS
- EDICIÓN DE VÍDEO CON ADOBE PREMIERE (NIVEL MEDIO)
- TÉCNICAS AVANZADAS DE EDICIÓN CON ADOBE PREMIERE
- DESEÑO EDITORIAL CON ADOBE INDESIGN
- MAQUETACIÓN DIXITAL CON ADOBE INDESIGN
- FERRAMENTAS AVANZADAS DE ADOBE ILLUSTRATOR
- EXPERTO EN VIRTUALIZACIÓN CON VMWARE E MICROSOFT
- VISIÓN ARTIFICIAL E A SÚA APLICACIÓN NA INDUSTRIA 4.0
- CONTABILIDADE XERAL, CONTAPLUS E FISCALIDADE (haberá 2 edicións)
- OPERACIÓNS DE ALBANELERÍA E MANTEMENTO DE EDIFICIOS (haberá 2 edicións)
- OPERACIÓNS DE RESTAURANTE E BAR (haberá 2 edicións)
- ACTIVIDADES BÁSICAS DE LOXÍSTICA DE ALMACÉN (haberá 2 edicións)
- OPERATIVA DE CAIXA-TERMINAL PUNTO DE VENDA (haberá 2 edicións)
- OPERACIÓNS AUXILIARES DE CARNIZARÍA E CHACINARÍA (haberá 2 edicións)
- MANTEMENTO MUNICIPAL: XARDINARÍA, PINTURA E ALBANELARÍA (haberá 2 edicións)
- PROCEDEMENTOS BÁSICOS EN SERVIZOS DE XARDINERÍA (haberá 2 edicións)
- INTERVENCIÓN DO EMPREGO DOMÉSTICO NO COIDADO DE PERSOAS MAIORES (haberá 2 edicións)
- HIXIENE E ATENCIÓN SANITARIA DOMICILIARIA (haberá 2 edicións)
Que duración teñen os itinerarios?
É variable. Os itinerarios de maior duración son de 384 horas (sobre 3 meses e medio) e os de menor duración son de 144 horas (pouco máis de 1 mes).
Os itinerarios irán comezando proximamente e estarán todos impartidos a finais de 2026.
Inscricións
Podes inscribirte na web do programa: https://minerva.gal/