Axencia Local de Colocación

Presentación

Presentación

Os días 13 e 14 de novembro se terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela o evento "Talentia 2018", organizado pola Área de Emprego do Concello de Santiago de Compostela. O obxectivo principal do "Talentia 2018" será o de contribuír á dinamización do mercado de emprego, realizando accións de vinculación laboral directa e fomentando a xestión de novos postos de traballo, así como favorecer a mellora das competencias e cualificacións profesionais das persoas demandantes de emprego e informar sobre os recursos e ferramentas útiles para a busca activa de emprego. 

O  "Talentia 2018. Espazos polo Emprego" inclúe un amplo programa de actividades: obradoiros e conferencias; sesións de información e orientación; presentación da marca persoal; empresas con presentacións de recursos e produtos innovadores para a busca de emprego; etc. 

Ademais, entre as actividades que se realizan no marco do "Talentia 2018" inclúese a xestión de ofertas de emprego. Este labor de intermediación laboral, de carácter público e gratuíto, é un servizo permanente da Axencia Local de Colocación. No marco do "Talentia 2018" prevése a xestión de mais de 100 ofertas de emprego. Algunhas das empresas participantes realizarán entrevistas de selección no propio Palacio de Congresos a candidatos/as previamente convocados/as. 

Así, no "Talentia 2018" atoparemos un amplo programa de actividades: 

  • OFERTAS DE EMPREGO. No evento realizaránse parte dos procesos de selección das ofertas xestionadas entre o 3 de outubro e o 11 de novembro, no marco do "Talentia 2018". A previsión é xestionar arredor de 100 postos de traballo. 
  • FORMACIÓN. Actividades formativas para a mellora do perfil profesional e a busca de emprego en ocupacións emerxentes. 
  • A TÚA MARCA. "Circuitos de Talleres para a construción da marca persoal". Onde poderás coñecer as distintas ferramentas para o posicionamento online e dispoñer de recursos para crear os teus perfís e mellorar a presenza en redes: imaxe persoal, fotografía, vídeo-currículo e probas e test de selección online. 
  • PUNTOS DE ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO. No "Talentia 2018" funcionarán puntos de orientación e sesoramento para a busca de emprego. 
  • PODES SER TI "PRESÉNTATE E CONVÉNCENOS". Presentacións rápidas a empresas e servizos de consultoría e selección. Se cres que o teu perfil se axusta aos postos de traballo ofertados, presenta en 5 minutos a túa marca persoal (2 minutos presentación de vídeo-curriculo ou infografía e 3 minutos para a presentación rápida, en formato "elevator pitch"). As persoas interesadas participarán en diferentes talleres de preparación nos días previos ao evento,  e contarán co asesoramento de personal especializado en marca personal, imaxe, oratoria e selección. 
  • PRESENTACIÓNS DE NOVAS E INNOVADORAS SOLUCIÓNS PARA A BUSCA DE EMPRGEO. Durante o Talentia 2018 contaremos coa presenza e presentación de ferramentas e recursos que aportan innovación en materia de empregabilidade.