Axencia Local de Colocación

Formación

01/11/2018 - 02/11/2018

Obradoiros do Talento (29 plazas vacantes)

Datas, duración e horario da actividade: 13 e 14 de novembro; 12 horas, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h o día 13, e de 10:00 a 14:00 h o día 14 de novembro.

Contidos

Como nun Centro de avaliación/desenvolvemento de calquera gran empresa participarás nun Obradoiro onde descubrirás as ferramentas prácticas que contribúan a desenvolver e mellorar as túas capacidades e habilidades, facendo especial fincapé na comunicación verbal e non verbal, a asertividade, a prevención e xestión de conflito, o traballo en equipo,… para que poidan descubrir os teus talentos.

 Que buscamos?

Reforzar as túas competencias para o emprego, atendendo a cuestións como a autoconfianza, a autonomía, as habilidades comunicativas, o auto liderado ou o empoderamento.

 Como o faremos?

Durante cinco sesións, cada unha con grupos de 20 persoas, traballarás unha serie de coñecementos e destrezas para adaptar o deseño do teu plan de  empregabilidade. As accións formativas inclúen explicacións conceptuais combinadas con prácticas que simulan situacións reais, predominando unha metodoloxía práctica, dinámica e vivencial. As sesións en que participarás son:

  • “Habilidades comunicativas”.  Relator: Gustavo Marcos Cancelas

O obxectivo é que mellores o teu talento comunicativo de cara a unha entrevista de traballo. Para iso atenderase a cuestións relevantes relacionadas coa comunicación verbal e non verbal, así como coa conexión emocional.

  • “Design thinking”. Relatora: Nuria Fernández Flores

 O obxectivo desta sesión é estimular o pensamento creativo e fomentar a procura de opcións alternativas ante os diferentes retos do día a día. Así abordaranse contidos como o pensamento lateral, identificación do reto, deseños e experimentos.

  • “Motivación e traballo en equipo”. Relatora: Raquel Freire Roca

 O obxectivo é fomentar o traballo en equipo e estimular a motivación diaria tratando cuestións como a empatía, a actitude positiva e as ferramentas para o traballo en equipo.

  • “Xestión de conflitos”. Relator: Eloy López Grandal

O obxectivo é proporcionar ferramentas que faciliten a resolución dos conflitos no ámbito profesional seguindo unha metodoloxía de “eu gaño – ti gañas”.

  • “Marca persoal”. Relator: Esteban Grandal Ocaña

O obxectivo é descubrir que somos e que queremos na nosa vida profesional, aprendendo a recoñecer e potenciar os nosos talentos. Trataranse cuestións como a singularidade e diferenciación persoal, o personal branding, a xeración de notoriedade e o uso das redes sociais.

  • "Mentoring grupal"

Dirixido a:

  •   Desempregados/as en  xeral interesados/as en promocionar o seu talento para conseguir unha oportunidade laboral acorde ás súas expectativas.
  •  Estudantes e titulados/as que desexen fortalecer as súas habilidades para o emprego e coñecer as ferramentas para construír unha traxectoria laboral exitosa.

Datas e lugar de realización:

13 e  14 de novembro  (duración 12 horas).

Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia

Enderezorúa de Miguel Ferro Caaveiro, s/n, 15707 Santiago de Compostela

Inscríbete a este curso ( Quedan 29 plazas vacantes para el curso)

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os seus datos persoais se incorporarán ao ficheiro AXENCIA LOCAL DE COLOCACION, creado baixo responsabilidade do DEPARTAMENTO DE EMPREGO DA CONCELLARIA DE FAMILIA, BENESTAR SOCIAL, MUJER E EMPREGO DO CONCELLO DE SANTIAGO, o cal se encontra debidamente inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos coa finalidade de xestionar os datos achegados polas persoas solicitantes de emprego para a intermediación laboral entre estes e as empresas, colaborar na inserción e orientación laboral das persoas que o demanden. Indicámoslle que os seus datos poden ser comunicados ao Servizo Galego de Colocación, empresas coas que se asinan convenios de colaboración, ademais das cesións previstas na lei. Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición ante a Axencia Local de Colocación, na dirección seguinte: R/ Alcalde Raimundo López Pol, s/n, 15703, Santiago de Compostela