BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR/A E PERSOAL DIRECTIVO, E DOCENTE PARA O PROGRAMA DE EMPREGO, PARA PERSOAS MOZAS INCLUIDAS NO FICHEIRO DO SNGX, “APPVENTURERS”, DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DATA DE PUBLICACIÓN 19 de Septiembre de 2023

O Programa de Emprego "APPVENTURERS” é un programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co dito traballo, procure a súa cualificación profesional e a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo, e esta promovido polo Concello de Santiago de Compostela. As especialidades a impartir son as seguintes: - Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web (IFCD0210), e Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos (IMSV0209), 16 alumnos/as