O obradoiro de emprego “Santiago Sustentable” súmase á conmemoración do 25N Día Internacional para a eliminación de todas as formas de violencia contra das mulleres

DATA DE PUBLICACIÓN 27 de Noviembre de 2019

“Este é o século das mulleres: non faremos realidade todo o nosos potencial se a metade da humanidade segue estando estancada” (Nacións Unidas, AXENDA 2030)

O pasado luns 25N todas as persoas que están a participar no obradoiro de emprego de Garantía Xuvenil “Santiago Sustentable” cofinanciado polo Fondo Social Europeo, sumáronse ós diferentes actos organizados na nosa cidade con motivo do “Día internacional para a eliminación de todas as formas de violencia contra das mulleres”, coa edición dun cartel creado e deseñado polas persoas que están a formarse en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web.

O cartel editado tamén quere chamar a atención sobre a AXENDA 2030 aprobada por Nacións Unidas en 2015, un plan de acción a favor das persoas, o planeta e a prosperidade que quere fortalecer a paz universal e a xustiza. A Axenda propón 17 Obxectivos con 169 metas de carácter integrado e indivisible que abranguen as esferas social, ambiental e económica. Esta acción levada a cabo o 25N está relacionada con 8 destes obxectivos, porque as mulleres e as nenas seguen a sufrir a discriminación e a violencia en todos os lugares do mundo.

Para facer realidade a Axenda 2030, o papel do ámbito local é fundamental como catalizador do cambio e para comprometer ás comunidades locais cos obxectivos globais e contribuír á consecución desta axenda ambiciosa, integrada, universal e urxente.

Segundo a Axenda 2030, a igualdade entre os xéneros non é só un dereito fundamental, senón a base necesaria para conseguir un mundo pacífico, próspero e sustentable.