“8M: Unha nova perspectiva audovisual”

Mulleres que abren portas e fan camiños

DATA DE PUBLICACIÓN 08 de Marzo de 2021

Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, as persoas participantes no Programa de Emprego de Garantía Xuvenil “Santiago Sustentable II” promovido polo Concello de Santiago de Compostela e subvencionado polo Fondo Social Europeo a través da Xunta de Galicia,  crearon unha peza audiovisual en formato Drawn my life baixo o nome “8M: Mulleres que abren camiño”.

 

Neste vídeo abórdase a vida e a obra de cinco mulleres galegas que destacaron no seu ámbito laboral, sendo as protagonistas e poñendo voz a súa propia historia. “Pioneiras, referentes, rebeldes, extemporáneas...” é a frase que tenta resumir a esencia do vídeo.  

 

Con esta iniciativa, o alumnado de “Santiago Sustentable II” quere sensibilizar e concienciar á poboación. A idea é poñer en valor os logros destas mulleres extraordinarias, exemplos de loita, superación e traballo duro. Desta maneira, a frase final “Camiño libre! Adiante!” quere animar a todas as mulleres a perseguir as súas inquedanzas vitais e laborais alén do ditado pola sociedade.

 

O vídeo esta dispoñible na seguinte ligazón:  https://www.youtube.com/watch?v=dJP9qtYE_Do