SANTIAGO SUSTENTABLE III NAS XORNADAS DE INNOVACIÓN EN BOSQUES URBANOS

DATA DE PUBLICACIÓN 20 de Mayo de 2022

As mozas e os mozos do Programa de Emprego de Garantía Xuvenil "Santiago Sustentable III" participan nas Xornadas de Innovación en Bosques Urbanos celebradas en Santiago os días 19 e 20 de maio do 2022

Os participantes do programa de emprego "Santiago Sustentable III" do Concello de Santiago de Compostela asistiron onte e hoxe ás Xornadas de Innovación en Bosques Urbanos celebradas na facultade de mediciña da universidade compostelana. 
Nestas xornadas de especial interese polos temas que alí se abordaron sobre innovación e aproveitamento dos bosques urbanos, e pola súa relación coa obra que actualmente están desenvolvendo os alumnos e as alumnas do programa de emprego isto é;  "o desenvolvemento dunha app de árbores singulares do concello de Santiago de Compostela",  foron aproveitadas polos participantes no programa de emprego, para extraer información de especial interese sobre arboredo singular e aproveitamento dos bosques, e tamén xogaron un papel activo no desenvolvemento das xornadas xa que, foron os alumnos e alumnas os que asumiron as responsabilidades e  tarefas da gravación en directo, edición e montaxe do ciclo de conferencias. 

Deste xeito, os e as participantes no programa de emprego  "Santiago Sustentable III" subvencionado polo Fondo Social Europeo, pola Xunta de Galicia e polo Concello de Santiago de Compostela,  puideron experimentar e poñer en práctica coñecementos da especialidade de desenvolvemento de produtos audiovisuais, así coma conseguir información de primeira man de expertos na temática da obra que están a realizar.