SANTIAGO SUSTENTABLE III colabora na rodaxe de "A Luz de Europa"

DATA DE PUBLICACIÓN 07 de Enero de 2022

O Programa de Emprego "SANTIAGO SUSTENTABLE III" colabora co equipo audiovisual encargado da rodaxe do brand film "A Luz de Europa"

O alumnado do programa de emprego de garantía xuvenil "SANTIAGO SUSTENTABLE III" subvencionado polo Fondo Social Europo, a Consellería de Emprego da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela; foi convidado a participar na rodaxe do brand film "A Luz de Europa" da produtora Tamboura films.

Os mozos e mozas participantes no programa, tiveron a ocasión de asistir á rodaxe xunto co equipo profesional encargado da realización, e mesmo asumir tarefas na produción e direción do film realizado con motivo da candidatura do Carballo do Banquete de Conxo á mellor árbore europea do 2021. 

O equipo do programa de emprego, realizou un gran traballo na campaña de comunicación na fase inicial do concurso, elaborando o material audiovisual e dinamizando as redes sociais nesta primeira fase que levou ó Carballo do Banquete de Conxo a ser elexido como mellor árbore do ano en España no 2021.

Nesta ocasión, os mozos e mozas participantes no programa tiveron a posibilidade de colaborar nun equipo con profesionais con gran experiencia e sona no sector audiovisual galego e con medios técnicos de gravación e edición profesionais. Sen dúbida, unha gran oportunidade de coñecer de primeira man a realidade do traballo no sector audiovisual.