O Programa de Emprego "SANTIAGO SUSTENTABLE III" na Exposición "Reis do Bosque"

DATA DE PUBLICACIÓN 02 de Febrero de 2022

 O Concello de Santiago de Compostela organizou a exposición "Reis do Bosque" nas instalacións da Fundación Abanca da Praza de Cervantes 

Dentro dos actos programados polo Concello de Santiago para dar a coñecer a candidatura do Carballo do Banque de Conxo a árbore Europea 2021 e facer partícipes á cidadanía da candidatura e da importancia das árbores coma elemento patrimonial, o concello organizou a exposición "Reis do Bosque"  que estará aberta dende o 1 ata o 28 de febreiro deste ano. 

Para achegar ós máis cativos a esta exposición, organízanse visitas guiadas e obradoiros nos que os escolares dos centros de Santiago e da comarca poden participar e coñecer a importancia e curiosidades das árbores, outras árbores singulares de toda España e, mesmo aprender a calcular a idade dunha árbore. 

O alumnado do programa de emprego subvencionado polo FSE, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, realizará a gravación edición e montaxe das visitas dos escolares a esta exposición como parte da formación práctica do certificado de profesionalidade de desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos.

Os Reis do Bosque estará na Fundación Abanca ata o vindeiro 28 de febreiro.