O "SANTIAGO SUSTENTABLE III" participa na prantación de árbores de "Un voto, unha árbore"

DATA DE PUBLICACIÓN 21 de Febrero de 2022

Os mozos e mozas do programa de emprego do Concello de Santiago "SANTIAGO SUSTENTABLE III" subvencionado polo Fondo Social Europeo, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, estiveron prantando árbores de especies autóctonas xunto co persoal do Obradoiro de Emprego CREAS IV. 

Os e as participantes no programa, ademáis de realizar as gravacións, editar e montar gran parte do material audiovisual utilizado na campaña "un voto, unha árbore"  en medios de comunicación e redes sociais coma parte da súa formación teórica e práctica no certificado de profesionalidade de desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia, participaron hoxe na prantación de árbores autóctonas xunto co persoal de outro programa de emprego do Concello de Santiago.