O obxecto da presente convocatoria é regular as bases do proceso para a selección e contratación laboral temporal de seis (6) traballadores, ao abeiro do Programa de Axudas á Contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais (Pel-Concellos). ano 2023, conforme á Resolución da Deputación da Coruña pola que se aproban as bases do “Programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia, PEL – Concellos 23”, feita pola Deputación da Coruña (BOP nº 13 de 19 de xaneiro de 2023).