VISITA CADENA SER “APPVENTURERS”

¡¡¡¡¡Silencio …, Gravando!!!!!

DATA DE PUBLICACIÓN 20 de Mayo de 2024

O Programa de Emprego APPVENTURERS visita as instalacións da Cadena SER en Santiago.

O pasado luns 13 de maio,  o Programa de Emprego APPVENTURERS visita as instalacións da Cadena SER en Santiago para realizar a gravación das voces das personaxes da APP que se está a realizar para o Museo do Pobo Galego.

Dezaseis mozos e mozas menores de 30 anos están, dende o pasado mes de outubro, recibindo formación e traballando no desenvolvemento de app´s móbiles con realidade aumentada. Este proxecto, enmarcado dentro do programa de Garantía Xuvenil, está cofinanciado polo FSE, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela e, ten como obxectivo mellorar a empregabilidade dos participantes mediante a adquisición de competencias tecnolóxicas avanzadas que están en alta demanda no mercado laboral actual.

A formación inclúe módulos sobre programación, deseño de interfaces, deseño e modelado de personaxes, integración de realidade aumentada, e probas e implementación de aplicacións. Ademais, os participantes teñen a oportunidade de traballar en proxectos reais, o que lles permite aplicar os coñecementos adquiridos en situacións prácticas e desenvolver habilidades de traballo en equipo e xestión de proxectos.

Nesta ocasión, un mozo e unha moza do programa póñenlle voz a dous insignes personaxes da cultura galega que farán de guías no percorrido polas salas do Museo na nova app de realidade aumentada que están desenvolvendo.