COMEZA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DATA DE PUBLICACIÓN 24 de Octubre de 2025

O departamento de Emprego pon en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego, co obxectivo de favorecer a inserción laboral de mulleres desempregadas. Hoxe venres 24 de outubro comezou a fase de selección das cen participantes, que ao longo dun ano terán acompañamento na busca de emprego e participarán en diversas actividades para mellorar a súa empregabilidade.

O departamento de Emprego do Concello impulsa un ano máis un Programa Integrado de Emprego, polo que vén de recibir unha subvención da Xunta de Galicia de 219.634,20 €. A achega ao programa que corresponde ao Concello é de case 55.000 €.

O programa diríxese exclusivamente a mulleres e contará cun máximo de 100 persoas. Até mediados de outubro de 2026 as participantes terán un apoio personalizado para a mellora da empregabilidade e poderán realizar cursos de formación e prácticas profesionais non laborais en empresas, ademais de dispor de titorías individuais de orientación, información sobre ofertas de emprego e intermediacion laboral con empresas.

Hoxe comezou a selección das participantes, que continuará nas próximas semanas e que inicialmente será coas listaxes das sondaxes que realice o Servizo Público de Emprego de Galicia