APRÓBANSE AS BASES REGULADORAS DE PARTICIPACIÓN NOS ITINERARIOS FORMATIVOS DO PROXECTO MINERVA

DATA DE PUBLICACIÓN 24 de Octubre de 2025

MINERVA é un proxecto de formación para o emprego impulsado polo Concello de Santiago de Compostela, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus. Nace co propósito de mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego, combinando formación, orientación e prácticas profesionais.

O proxecto promove unha aprendizaxe práctica e adaptada ás demandas actuais das empresas, cunha especial aposta polo sector dixital e tecnolóxico, sen esquecer ámbitos tradicionais como a hostalaría, o comercio, a construción, a xardinaría ou os coidados. En total, desenvolveranse 60 itinerarios formativos, que sumarán máis de 13.000 horas de formación e chegarán a 960 participantes.

As principais persoas destinatarias son:

  • Persoas desempregadas de longa duración.
  • Mulleres.
  • Maiores de 45 anos.
  • Persoas con discapacidade.
  • Inmigrantes.
  • Minorías.
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade.

Hoxe, 24 de outubro de 2025, aprobáronse as Bases Reguladoras de Participación nos itinerarios formativos do proxecto MINERVA, que recollen o marco normativo, os requisitos de acceso, o procedemento de selección, a documentación que hai que presentar, así como os dereitos e obrigas das persoas participantes, en consonancia coa normativa do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) 2021–2027 e coa Orde
TER/701/2023.