Comenza a selección, a través da vinculación nominal directa, de candidatas para participar no Programa Integrado de Emprego do Concello de Santiago de Compostela 2025-2026

DATA DE PUBLICACIÓN 30 de Octubre de 2025

Tras a selección de persoas candidatas enviadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia, ábrese o prazo para a selección de 63 prazas, a través da vinculación nominal directa, para participar no Programa Integrado de Emprego do Concello de Santiago de Compostela 2025/2026.

 

O Programa Integrado de Emprego (P.IE.) do Concello de Santiago de Compostela 2025-2026 ten como finalidade a mellora da empregabilidade das persoas participantes co obxectivo de conseguir a súa inserción laboral. O programa diríxese exclusivamente a mulleres e contará cun máximo de 100 persoas.

 

Para iso realizarase un acompañamento individualizado para a busca de emprego e o desenvolvemento do proxecto persoal e profesional.

 Dentro do P.I.E. do Concello de Santiago de Compostela desenvolveranse:

  • Accións de orientación e asesoramento na busca activa de emprego.
  • Itinerarios formativos (Recepción en aloxamentos, xardinería, forestal e TIC).
  • Formación complementaria.
  • Formación transversal.
  • Prácticas profesionais non laboráis en empresas.
  • Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea
  • Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista
  • Fomento da capacidade emprendedora
  • Prospección empresarial