Proxecto: Educación ambiental e protección do medio ambiente do Concello de Santiago de Compostela

DATA DE PUBLICACIÓN 15 de Mayo de 2026

Proxecto: Educación ambiental e protección do medio ambiente do Concello de Santiago de Compostela

Programa para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais.

Esta axuda esta cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, dentro do Obxectivo político 4 “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”, Obxectivo específico ES04.1. “Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social”, e Medida 5.A.02. “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas”.

 

Actuacións:

Educación ambiental e social: Proxecto Ecobosque

  • Creación da Aula Ambiental, como espazo educativo permanente e laboratorio vivo no bosque rehabilitado.
  • Desenvolvemento de obradoiros curriculares e extracurriculares, itinerarios interpretativos, actividades interxeracionais e encontros escolares/comunitarios.
  • Elaboración de unidades didácticas e recursos pedagóxicos abertos.
  • Campañas de sensibilización (visual, dixital e presencial), feiras da biodiversidade e voluntariado ecolóxico.
  • Creación dunha Rede de centros educativos e entidades sociais, con alianzas con universidades e medios de comunicación locais.

Protección do medio ambiente e mantemento de espazos públicos

  • Mantemento ambiental: limpeza de residuos, control de invasoras, promoción de flora autóctona, mellora de sinalización e accesibilidade, tarefas de roza e poda sostible.
  • Restauración ecolóxica: reforestación con especies autóctonas, creación de microhábitats, rexeneración de solos e recuperación de patrimonio etnográfico.
  • Seguridade e benestar: adecuación de espazos para uso lúdico e deportivo, itinerarios saudables, zonas de encontro interxeracional, mellora da iluminación sostible.
  • Participación cidadá: voluntariado ambiental, campañas de boas prácticas, implicación de asociacións veciñais e xornadas comunitarias de mellora.