COMEZA O PROGRAMA DE EMPREGO SANTIAGO SUSTENTABLE III

O programa de emprego de garantía xuvenil está destinado a mozos e mozas menores de 30 anos

DATA DE PUBLICACIÓN 13 de Agosto de 2021

Dezaseis mozos e mozas menores de 30 anos formaranse nas especialidades de Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía Web e na de Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos.

O pasado martes 10 de agosto deu comezo o programa de emprego de garantía xuvenil "Santiago Sustentable III". 

Este programa de emprego conta cunha subvención de 369.492,32€  e está financiado polo Fondo Social Europeo  a través da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e polo Concello de Santiago de Compostela e nel participan 16 mozos e mozas menores de 30 anos que, durante un ano recibirán formación nas especialidades de Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web e, de Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos. 

Nesta terceira edición do programa mixto de formación e emprego "Santiago Sustentable", os participantes combinarán a formación teórica en ámbolos dous certificados de profesionalidade, coa realización de obras reais de interese público ou social que este ano consistirán no desenvolvemento dun asistente virtual para facilitar o acceso e a utilización por parte da cidadanía da sede electrónica do Concello de Santiago e, no desenvolvemento dunha app no ámbeto das árbores e bosques de Compostela.