O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha o Programa Integrado de Emprego para fomentar a cualificación e a inserción profesional de 100 mulleres a través de itinerarios personalizados de inserción.
- Dirixido exclusivamente a mulleres desempregadas inscritas como demandantes de emprego nas oficinas de Santiago e outros concellos, para mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral. As participantes recibirán información, orientación, asesoramento e formación nas seguintes accións:
- Técnica en sistemas de enerxías renovables
- Atención ao cliente/a na hostalería
- Servizos básicos de sala e barra
- Manipuladora de alimentos
- Creación e deseño de páxinas web
- Iniciación á programación con PYTHON
- Wordpress
- Comunicación e marketing dixital
- Comercio-produtos frescos: carnizaría e chacinaría
- Manipuladora de alimentos
- Formación de formadores/as
- Avaliación de competencias
- Programación por competencias
- Inglés B1, B2
- Creación de contidos dixitais
- Mobile learning
- Gamificación: aprendizaxe divertida
- Igualdade e empoderamento feminino no ámbito laboral
- Técnicas de coaching
- Intelixencia emocional (teleformación)
- Habilidades sociais (teleformación)
- TIC´s na busca de emprego
- Fomento do emprendemento
- Mentoring
- Prácticas non laborais en empresas de Santiago
- Orientación laboral
- Titorías personalizadas, podes facer os cursos que máis che interesan, desde 40h ata 380 horas de duración, ti elixes a formación
- As accións formativas desenvolveranse desde febreiro 2023, horarios flexibles, en Santiago
- Axuda de 7€ por día de asistencia
- Compatible con prestación-subsidio por desemprego, IMV, RISGA, RAI
- Incompatible con formación simultánea do SEPE e con outros Programas Integrados de Emprego
- Máis información: 981 543 060
- E-mail: axencialocaldecolocacion@santiagodecompostela.org
- Edificio CERSIA, Rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n, San Lázaro, Santiago de Compostela.