O Programa Integrado de Emprego do Concello de Santiago de Compostela 2024/2025 , con financiación da Xunta de Galicia e do Servizo Público de Emprego Estatal, ten como obxetivo a mellora da ocupabilidade e inserción laboral das participantes.
Este programa, que se dirixe a 100 mulleres inscritas como demandantes de emprego , inclúe as siguintes accións: información, orientación e asesoramiento; formación; prácticas profesionais non laborales; intermediación laboral; outras accións (técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego; fomento da capacidade emprendedora; obradoiros sobre movilidade laboral; visitas a empresas de Santiago e comarca; relatorios e charlas con profesionais e responsables de empresas; mentorías con profesionais ).
As participantes no programa terán dereito a recibir una bolsa de 10 euros por día de asistencia ás accións do programa.
O itinerario formativo de cada participante acordaráse de xeito consensuado co persoal técnico do programa. A oferta formativa inicial é a que se indica a continuación, aínda que podería variar atendendo aos perfís e ás demandas das persoas finalmente participantes no programa:
Formación do catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal (agrupada por áreas profesionales):
Administración:
- Plan xeral contable: novedades respecto de contabilidade, fiscalidade e financiación de PEMES (70 h)
- Criterios de valoración contables e de auditoría (25 h)
Recepción en aloxamientos:
- Servicio de recepción, atención a clientela, facturación e caixa (18 h)
- Xestión de reserva (18h)
- Xestión de reservas. Nivel de recepción (9 h)
- Técnicas de venta up Venta (12 h)
- Inglés profesional para turismo (60 h)
Xardinaria:
- Operaciones xerais de Xardinaría (50 h)
- Técnicas de poda (30 h)
Formación transversal:
- Habilidades sociais: comunicación, intelixencia emocional e traballo en equipo (20 h)
- Emprendemento (30 h)
Formación non incluida no catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal:
- Operativa de caixa - terminal punto de venda (40 h)
- Ofimática nivel básico (30 h)
- Ofimática nivel intermedio (40 h)
- Manipulación de alimentos (10 h)
- Igualdade e empoderamento feminino no ámbito laboral (15 h)
Ademais, destas accións formativas levaránse a cabo prácticas profesionais no laborais en empresas, de curta duración, para levar a cabo competencias profesionais e favorecer a inserción laboral. Tamén se desenvolverán accións de intermediación laboral para a captación de ofertas de emprego que se axusten ao perfil profesional das participantes.
Este programa ten un obxetivo de inserción laboral do 45% das participantes.
Sí estás interesada podes contactar connosco no 981 543 060 ou enviarnos un correo para que te chamemos a axencialocaldecolocacion@santiagodecompostela.gal