PRIME TIME CURTAMETRAXE 8M “APPVENTURERS”

DATA DE PUBLICACIÓN 08 de Marzo de 2024

Co gallo da celebración do 8 M, día internacional da muller, as mozas e mozos do Programa de Emprego APPVENTURERS estrean “PRIME TIME #8M”.

Nesta curtametraxe onde o alumnado é o protagonista de cada unha das partes do mesmo (actores e actrices, directoras-es, produtoras-es, guionistas, atrezzo, peiteadores-as, son, script, iluminación, cgi…) se fai unha parodia de programas da TV, dándolle un xiro infrecuente e provocador aos seus formatos para facer visible e combater a discriminación sexista na sociedade.

A curtametraxe céntrase en programas de entrevistas onde a muller, no rol de entrevistadora, expón a homes as mesmas preguntas sexistas que históricamente estaban dirixidas a mulleres. Preguntas como "¿Cómo te relaxas fora da cancha?", "¿Cómo concilias a túa vida persoal coa profesional?”, “¿Cómo é posible que un home coma ti, chegase a liderar unha empresa desta magnitude? (…) foron formuladas, subliñando a absurda natureza de tales cuestionamentos cando se mudan os roles de xénero.

O obxectivo destas parodias é poñer de manifesto a frecuencia coa que as mulleres enfrontan preguntas e comentarios que perpetúan estereotipos e limitas o seu papel na sociedade. Ao mudar os roles tradicionais, búscase espertar unha reflexión crítica no espectador sobre a igualdade de xénero e a necesidade de erradicar o sexismo en todos os ámbitos, incluídos os medios de comunicación.

O programa APPVENTURERS, enmárcase dentro da iniciativa de emprego xuvenil e o programa operativo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 22021-2027 cofinanciada nunha porcentaxe do 60% pola U.E. e está destinado a persoas mozas incluídas no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.

https://youtu.be/rNUywf5xNn4